Club de Futbol Toques
¿Quieres reaccionar a este mensaje? Regístrate en el foro con unos pocos clics o inicia sesión para continuar.

TODOS OS PUBS E DISCOTECAS DE MELIDE DEBERÁN CONTAR CUN PORTEIRO A PARTIR DO 3 DE MAIO

2 participantes

Ir abajo

TODOS OS PUBS E DISCOTECAS DE MELIDE DEBERÁN CONTAR CUN PORTEIRO A PARTIR DO 3 DE MAIO Empty TODOS OS PUBS E DISCOTECAS DE MELIDE DEBERÁN CONTAR CUN PORTEIRO A PARTIR DO 3 DE MAIO

Mensaje  toquescf Vie Abr 25, 2008 7:23 pm

Logo da xuntanza mantida pola alcaldesa de Melide, Socorro Cea, e o concelleiro de Seguridade Cidadá, Manuel Prado, cos empresarios dos pubs e discotecas de Melide, o Concello vén de realizar unha comunicación escrita aos responsables destes locais lembrándolles que será a partires do 3 de maio cando deban entrar en funcionamento as medidas tomadas por común acordo.
Foi o pasado dez de abril cando o Concello convocou aos pubs e discotecas para abordar a problemática xerada polo incumprimento da normativa en materia de ruídos e horarios.

A alcaldesa de Melide, Socorro Cea, amosouse “moi satisfeita polo bo clima no que se desenvolveu o encontro”, e destacou “a colaboración e bo entendemento que atopamos nos empresarios, para a adopción de medidas que fagan posible a mellora da convivencia na nosa vila”.
Entre as medidas acordadas nesta xuntanza, e que esta semana se comunicaron por escrito a cada un dos pubs e discotecas da vila, destaca a inminente incorporación dun porteiro a cada un dos pubs. Estes locais contarán a partir do sábado 3 de maio cunha persoa que cumprirá unha dobre función: por unha banda impedir que os usuarios destes locais saian con vasos de cristal á rúa, e por outra garantirán en todo momento que as portas permanezan pechadas. Socorro Cea afirmou que “o correcto cumprimento destas medidas contribuirá de xeito importante a diminuír o nivel de ruído na rúa, e por tanto fará máis saudables as zonas nas que se sitúan os locais de ocio”.

Vixilancia privada
Nas noites da fin de semana é frecuente atoparse con vehículos que incumpren todas as normas de seguridade vial, e que con conducións temerarias poñen en perigo a integridade dos usuarios de pubs e discotecas. A fin de paliar estas irregularidades, os empresarios responsables destes locais avanzaron tamén a intención de contratar un servizo de vixilancia privada que garanta unha maior orde e seguridade nas rúas onde están ubicados os pubs.

Implicación de todos os hostaleiros
O equipo de goberno de Melide tomou a decisión de convocar aos empresarios de pubs e discotecas da vila debido á que con frecuencia se rexistran queixas por parte da veciñanza, motivadas sobre todo polos altos niveis de ruído, e fóra do horario establecido pola lei. Mais nesta acción de tentar mellorar a calidade de vida dos veciños de Melide, o goberno municipal non se esqueceu tampouco da coñecida como “zona dos viños”, que especialmente os sábados pola noite é tamén moi concorrida. Por iso, este mesmo mércores, 23 de abril, os responsables dos principais bares e cafeterías de Melide, especialmente aqueles situados no casco vello da vila, están convocados, ás 17 horas, a unha xuntanza no Concello.
Fonte Concello de Melide
toquescf
toquescf
Admin

Cantidad de envíos : 13
Fecha de inscripción : 21/04/2008

http://www.clubdefutboltoques.blogspot.com

Volver arriba Ir abajo

TODOS OS PUBS E DISCOTECAS DE MELIDE DEBERÁN CONTAR CUN PORTEIRO A PARTIR DO 3 DE MAIO Empty Re: TODOS OS PUBS E DISCOTECAS DE MELIDE DEBERÁN CONTAR CUN PORTEIRO A PARTIR DO 3 DE MAIO

Mensaje  Melidens Vie Abr 25, 2008 8:18 pm

jajajajajajaja haber cal é o primeiro pub q non cumpla a normativa¡¡¡¡¡¡ fagan a suas apostas

Melidens
Invitado


Volver arriba Ir abajo

TODOS OS PUBS E DISCOTECAS DE MELIDE DEBERÁN CONTAR CUN PORTEIRO A PARTIR DO 3 DE MAIO Empty Re: TODOS OS PUBS E DISCOTECAS DE MELIDE DEBERÁN CONTAR CUN PORTEIRO A PARTIR DO 3 DE MAIO

Mensaje  montse Sáb Abr 26, 2008 6:33 pm

O de poñer porteiros en todolos locais non sei si será de todo efectivo.
Estaria moi ben que non deixasen sair a xente cos vasos de cristal a rua, a verdade e que temos que ir mirando onde pisamos para non cortar os zapatos, e agora que ven o veran e imos de sandalias, os pes.
O de cerrar as portas, buf.... soa a claustrofóbico, supoño que si se cerran para evitar o ruido, teran que mellorar as climatizaciós dos locais.
Bueno, en fin, sempre que seña para mellorar...... pero non sei eu.

montse
Novato/a

Cantidad de envíos : 2
Fecha de inscripción : 21/04/2008

Volver arriba Ir abajo

TODOS OS PUBS E DISCOTECAS DE MELIDE DEBERÁN CONTAR CUN PORTEIRO A PARTIR DO 3 DE MAIO Empty Re: TODOS OS PUBS E DISCOTECAS DE MELIDE DEBERÁN CONTAR CUN PORTEIRO A PARTIR DO 3 DE MAIO

Mensaje  juan Sáb Mayo 03, 2008 2:52 pm

Chegou o día, haber se é certo iso dos porteiros nos pub, aunque dude q saia adiante dita iniciativa

juan
Invitado


Volver arriba Ir abajo

TODOS OS PUBS E DISCOTECAS DE MELIDE DEBERÁN CONTAR CUN PORTEIRO A PARTIR DO 3 DE MAIO Empty Re: TODOS OS PUBS E DISCOTECAS DE MELIDE DEBERÁN CONTAR CUN PORTEIRO A PARTIR DO 3 DE MAIO

Mensaje  victor Lun Mayo 12, 2008 4:09 pm

Pues parece ser q la normativa en Melide no se cumple ni de coña.

Este sábado no vi a los porteros, pero bueno....

victor
Invitado


Volver arriba Ir abajo

TODOS OS PUBS E DISCOTECAS DE MELIDE DEBERÁN CONTAR CUN PORTEIRO A PARTIR DO 3 DE MAIO Empty Re: TODOS OS PUBS E DISCOTECAS DE MELIDE DEBERÁN CONTAR CUN PORTEIRO A PARTIR DO 3 DE MAIO

Mensaje  toquescf Lun Mayo 26, 2008 2:58 pm

Pois va ser q si.
este sábado están alguns rapaciños nas portas con vasos de plástico.

Haber se cumple o exemplo xa q hai algúns pub q non teñen a ninguén na porta e o sábado un coche q pasaba por ahí pinchaba unha roda.
toquescf
toquescf
Admin

Cantidad de envíos : 13
Fecha de inscripción : 21/04/2008

http://www.clubdefutboltoques.blogspot.com

Volver arriba Ir abajo

TODOS OS PUBS E DISCOTECAS DE MELIDE DEBERÁN CONTAR CUN PORTEIRO A PARTIR DO 3 DE MAIO Empty Re: TODOS OS PUBS E DISCOTECAS DE MELIDE DEBERÁN CONTAR CUN PORTEIRO A PARTIR DO 3 DE MAIO

Mensaje  ANONIMO Dom Jun 01, 2008 4:03 pm

PARECE QUE HAI MALENTENDIDOS, PORQUE NO LUGAR DE PORTEIROS POÑEN NAS PORTAS UNHA MESA COMO SE FIXERA A FUNCION DUNHA PERSOA. DOS PUBS OS QUE ACOSTUMBRO A IR SOLO DOUS PUXERON O PORTEIRO

ANONIMO
Invitado


Volver arriba Ir abajo

TODOS OS PUBS E DISCOTECAS DE MELIDE DEBERÁN CONTAR CUN PORTEIRO A PARTIR DO 3 DE MAIO Empty Re: TODOS OS PUBS E DISCOTECAS DE MELIDE DEBERÁN CONTAR CUN PORTEIRO A PARTIR DO 3 DE MAIO

Mensaje  jejejeje Lun Jun 02, 2008 1:29 am

A verdade e q hay de todo.

Nalgúns hai un rapáz cos vasos de plástico e noutros non hai ningún.
Pero bueno esa foi a condición q deu o concello para q os pub poidan abrir mais tempo

jejejeje
Invitado


Volver arriba Ir abajo

TODOS OS PUBS E DISCOTECAS DE MELIDE DEBERÁN CONTAR CUN PORTEIRO A PARTIR DO 3 DE MAIO Empty Re: TODOS OS PUBS E DISCOTECAS DE MELIDE DEBERÁN CONTAR CUN PORTEIRO A PARTIR DO 3 DE MAIO

Mensaje  Contenido patrocinado


Contenido patrocinado


Volver arriba Ir abajo

Volver arriba

- Temas similares

 
Permisos de este foro:
No puedes responder a temas en este foro.